Co eslogan “Lugo10” o Concello de Lugo levou a cabo durante todo o ano 2010 numerosas actividades de distinta índole: culturais, deportivas, artísticas, cun único obxectivo dar a coñecer a MURALLA DE LUGO.
Os alumnos e alumnas de 3º B quixeron unirse a esta conmemoración facendo unha maqueta da MURALLA ao redor da que montaron o "Belén".
Esperamos que vos guste.
O ALUMNADO GALEGO MELLORA OS SEUS RESULTADOS NO INFORME PISA
escrito por Victoria Esteban
A comunidade galega sitúase en todas as competencias por riba da media española, e nos grupos intermedio respecto das demais Comunidades Autónomas.
Vén de finalizar no noso centro o proceso de renovación de representantes no Consello Escolar realizado ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2010
"Da leira ao forno" é a actividade anual programada polo ENDL. Estará centrada no estudo do pan, dende o seu cultivo nas leiras ata a súa transformación en alimento nos fornos.
Con este proxecto pretense que, ademais de fomentar o uso do galego, o alumnado coñeza un pouco máis as nosas tradicións e sinta gusto por conservalas.