Inicio
Axudas para actividades de inmersión lingüistica PDF Imprimir Correo-e
escrito por M. Casás   
Orde do 10 de Xaneiro pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüistica no verán de 2.008
O pasado día 17/01/08 publicouse no Diario Oficial de Galicia unha orde pola que se convocan axudas para o alumnado do centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2.008.
Concretamente para alumnos de 6º de Educación primaria convócanse 100 prazas de Inglés en residencias ou campamentos da Comunidade Autónoma de Galicia desde a última semana de Xuño ata o 31 de Agosto en grupos de dúas semanas de duración. As datas concretas da realización das actividades daranse a coñecer na resolución provisional da orde.
A Consellería de Educación financiará:
  • Os gastos da viaxe desde o aeroporto ou punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañaran ao alumnado en cada un dos grupos durante a actividade desde o momento da saída ao de regreso.
  • Os gastos de docencia, cun programa semanal de clases de entre 15-20 horas, incluíndo libros e material escolar, en ambientes multinacionais.
  • As actividades culturais ,deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento segundo o réxime que se indica na táboa anterior.
  • O certificado de realización da actividade de inmersión.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
As familias do alumnado contribuirán coa achega das contías que se indican para cada un dos grupos. A distribución é a que figura a continuación:
  • 1º e 2º de bacharelato: 300€
  • 2º, 3º, 4º da ESO: 100 €
  • 1º da ESO: 100€
  • 6º de E.P.: 50 €
Axuntámoslle copia da información que nos remitiu a Consellería de Educación.
Se vde. quere máis información pode consultala en internet: www.edu.xunta.es/axudasle
Tamén pode pasar polo colexio onde lle facilitaremos copia da Orde de convocatoria.
 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

O Entroido

Almorzos saudables e 'A Paz'

¿Quen está en liña?

Sindicación

Copyright © 2008 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional