|
escrito por M. Casás
|
|
O próximo día 13 de Febreiro e co gallo do 50 aniversario do seu pasamento o colexio ofrecerá unha pequena homenaxe ao escritor lucense Luís Pimentel.
Ese día despregarase na entrada do colexio unha tea coa imaxe do escritor e algún dos seus poemas que permanecerá exposta todo o ano, e os alumnos farán unha breve reseña da súa biografía e da súa obra e lerán algúns dos seus poemas.
A semana cultural que todos os anos celebramos no mes de Maio este ano estará dedicada a Luís Pimentel.
|