|
Co gallo do entroido puxémonos a inventar cantigas relacionadas cos disfraces, desfiles, a queima do boneco... Animádevos tamén e veredes o divertido que é.
CANTIGAS DO ENTROIDO ( 5º A)
Os nenos do Luís Pimentel
o Entroido teñen que facer.
se o que queren é bailar
non teñen máis que desfilar.
( Daniel)
_______________________________
Os nenos do Luís Pimentel
imos disfrutat,
con coplas e cantigas
e traxes para desfilar.
(María)
_______________________________
Desta vez ,o Entroido
non se salva,
imos queimar o boneco
porque desta non nos marcha.
(Laura)
__________________________________
Os nenos do Luis Pimentel
sómosche moi falangueiros
xa que celebramos o Antroido
con caras de luceiros.
(Yago)
____________________________
Os rapaces de 5ºA
temos moito que contar,
por exempro,
que o Antroido
imos celebrar.
(Goretti)
____________________________
Con sombreiro de pallaso
ou cun dentes de vampiro,
todo o mundo vai ó Entroido
porque é moi divertido.
(Xemma)
________________________________
Xa chega o Entroido
ó Luís Pimentel,
vestido de cores
para bailar con el.
(Estrela)
_____________________________________
Todo o colexio
quere desfilar,
pero non todos
se queren disfrazar.
(Santiago)
_______________________________________
Os nenos o Antroido imos celebrar
ó son dun bo musical,
e un boneco hemos queimar
despois de desfilar
(Sabela Estévez)
No colexio Luis Pimentel
todos vanse disfrazar
e no curso de 5º A
todos van desfilar.
( Raquel)
_______________________________
Estamos todos ledos,
grandes e pequenos.
Non hai ninguén aburrido
neste Antoido tan divertido.
( Fernando)
_________________________________
Os nenos do Luis Pimentel
vanche desfilar,
o día trinta e un
que é o “Carnaval”
(Cristian)
_______________________________
Os rapaces de 5ºA
van cantar,
e ó son da música
van desfilar.
(Javier)
_____________________________
Os do Luís Pimentel
moi guapos van quedar
cos bonitos traxes
cos que van desfilar.
(Sabela Alonso)
_________________________
Os rapaces de 5ºA
ímonos disfrazar
todos xuntos
para desfilar.
(Kevín)
__________________________
Os nenos de 5ºA
temos moito que contar,
imos celebrar o Antroido,
¡que ben o imos pasar!
(Michael)
___________________________
Os nenos do Luís Pimentel
terán que desfilar,
por exempro,de vampiros
vanse disfrazar.
(Alejandro Castro Zapata)
__________________________
Os rapaces do Pimentel
oAntroido van calebrar.
Na festa vanse disfrazar,
todos listos para desfilar
(Alejandro Jesús)
_____________________________
Os do Luís Pimentel
ímonos disfrazar.
A todos verédesnos
se ó patio achegádevos.
(Jorge)
___________________________
Os do Luís Pimentel
ímonos disfrazar,
o día do Entroido
para desfilar.
(Mario)
|