Inicio
Agasallos PDF Imprimir Correo-e
escrito por meiga   
Agasallos

Hoxe e sempre quero agasallarche...

Amizade...

para que canto a túa alma sinta saudade dun amigo, sen pensar o busques, e ese alguén corra ó teu lado.

Sorrisos...

para que cando as túas bágoas se deslicen polas túas meixelas nun día gris e escuro, sexan as risas as que iluminen as túas tristezas.

Grandes soños...

para que cando na túa mente exista un baleiro, sexan aquelas fragas cubertas de inverno, as que atrapen a atención do teu pensamento.

A forza dunhas mans...

para que cando os teus pés cansen, os ombreiros de alguén che servan e dean as forzas para andar.

Un ramo de apretas...

para que cando os tropezos che dificulten o andar, sexan os ánimos unha esperanza que che axude a continuar.

Unha estrela xove e brillante...

para que cada vez que o sol descanse, sexa esa fiel luz a que te acompañe.

Un anaquiño de humildade...

para que cando os éxitos engrandezan a túa persoa, sexa a sabedoría, o aire máxico que che faga valorar o que outros desprezan ó chegar a unha nova estadía.

O meu cariño sincero...

para que cando sintas que ninguén te acompaña, lembres que en paisaxes verdes ou en vales desérticos, o meu pensamento sempre te leva da man.

Unha apreta inmensa....

para que cando precises sentir as túas forzas sexan os meus brazos o porto das túas emocións.

Un par de bágoas...

Para que se instalen entre a túa alma e o teu corazón, así, se algún segundo a soberbia daña o teu camiñar, sexa unha mostra de sensibilidade allea a que che axude a non cometer inxusticias.

Hoxe quero desexarche...

que compartas as túas alegrías cos seres ós que amas, para que cando penses que camiñas en soedade, mil anxiños resgarden a túa mirada.

Hoxe quero darche...

o máis fermoso que poidas recibir, mentres transformas estas liñas nun espello, donde a tenrura que aquí atopes, onde a beleza que aquí naza, che dea a certeza de nunca estarás sen compaña.

Non hai imaxe ningunhaSaudiños

 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 17 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional