Baúl do Trasno
Agasallos | Agasallos |
|
|
|
| escrito por meiga | |
|
Agasallos
Hoxe e sempre quero agasallarche... Amizade... para que canto a túa alma sinta saudade dun amigo, sen pensar o busques, e ese alguén corra ó teu lado. Sorrisos... para que cando as túas bágoas se deslicen polas túas meixelas nun día gris e escuro, sexan as risas as que iluminen as túas tristezas. Grandes soños... para que cando na túa mente exista un baleiro, sexan aquelas fragas cubertas de inverno, as que atrapen a atención do teu pensamento. A forza dunhas mans... para que cando os teus pés cansen, os ombreiros de alguén che servan e dean as forzas para andar. Un ramo de apretas... para que cando os tropezos che dificulten o andar, sexan os ánimos unha esperanza que che axude a continuar. Unha estrela xove e brillante... para que cada vez que o sol descanse, sexa esa fiel luz a que te acompañe. Un anaquiño de humildade... para que cando os éxitos engrandezan a túa persoa, sexa a sabedoría, o aire máxico que che faga valorar o que outros desprezan ó chegar a unha nova estadía. O meu cariño sincero... para que cando sintas que ninguén te acompaña, lembres que en paisaxes verdes ou en vales desérticos, o meu pensamento sempre te leva da man. Unha apreta inmensa.... para que cando precises sentir as túas forzas sexan os meus brazos o porto das túas emocións. Un par de bágoas... Para que se instalen entre a túa alma e o teu corazón, así, se algún segundo a soberbia daña o teu camiñar, sexa unha mostra de sensibilidade allea a que che axude a non cometer inxusticias. Hoxe quero desexarche... que compartas as túas alegrías cos seres ós que amas, para que cando penses que camiñas en soedade, mil anxiños resgarden a túa mirada. Hoxe quero darche... o máis fermoso que poidas recibir, mentres transformas estas liñas nun espello, donde a tenrura que aquí atopes, onde a beleza que aquí naza, che dea a certeza de nunca estarás sen compaña.
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|