| MÚSICA PARA TODO |
|
|
|
| escrito por Mª Xose | |
|
Dicía K. Oushinsky: "Se a escola canta, todo o pobo cantará" e o noso refraneiro popular que non ten desperdicio di: "Quen só sabe unha canción non ten perdón". E nós que estamos moi dacordo con ámbalas dúas frases, queremos cantar e que todos e todas ó achegarvos a esta ventaniña podades ver e tamén quizás máis adiante escoitar e compartir connosco algunha das cancións que cantará a escola. Como estamos a punto de celebrar o día da paz, aí vai unha cantiga con texto de Neira Vilas e que cantarán os nenos e nenas de segundo ciclo. CANTARELA DOS NENOS Amiguiños todos, amiguiños xa, Os nenos do mundo, todos a cantar Cantarela nosa de amor e de paz, Rolda de sorrisos dende mar a mar, Amiguiños todos, amiguiños xa, Os nenos do mundo, todos a cantar |
| < Anterior |
|---|