Inicio
ELECCIÓNS CONSELLO CONSELLO ESCOLAR PDF Imprimir Correo-e
escrito por M. Casás   
CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR
Don Fabriciano González González, director do Centro e Presidente da Xunta Electoral, ANUNCIA ELECCIÓNS A REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS NO CONSELLO ESCOLAR deste Centro, de acordo cos extremos seguintes:
:
1. O CENSO ELECTORAL de todos os pais/nais de alumnos/as deste Centro atópase exposto, a partir do día 3 de Novembro, no taboleiro de anuncios do mesmo, con indicación de apelidos, nome e D.N.I.
2. As reclamacións sobre o censo electoral formularanse por escrito ante a Xunta Electoral ata as 18:00 horas do próximo día 14 de novembro. O censo definitivo aparecerá no taboleiro de anuncios do Centro o día 17 de novembro.
3. As CANDIDATURAS (Pais/Nais) presentaranse por escrito á Xunta Electoral dende o día 4 de novembro ata as 17:00 horas do día 12 de novembro. A Xunta Electoral fará públicas as candidaturas presentadas no taboleiro de anuncios do Centro o día 12 de novembro ás 18:00 horas
A representación dos pais no Consello Escolar correspóndelles a estes ou os representantes legais dos alumnos, independentemente do número de fillos escolarizados no centro. O dereito a ser elixido correspóndelle ao pai e á nai, ou , se é o caso, aos titores legais”
4. As reclamacións á proclamación de candidatos formularanse por escrito ante a Xunta Electoral ata as 18:00 horas do día 14 de novembro.
5. O sorteo dos membros da mesa electoral levarase a cabo en sesión pública o día 17 de novembro ás 18:00 horas na sala de mestres.
A constitución da devandita mesa terá lugar en acto público o día 25 de novembro ás 15:30 horas na biblioteca do centro.
6. As VOTACIÓNS terán lugar o próximo día 25 de novembro, entre as 15:45 e as 19:00 horas, na biblioteca do centro.
O voto será directo, secreto e non delegable. Cada elector acreditará a súa identidade no acto de votación co seu D.N.I. Cada votante na súa papeleta marcará un máximo de dous nomes.
Finalizadas as votacións procederase publicamente ao reconto de votos e, unha vez finalizado, á proclamación de representantes.
7. A Xunta Electoral resolverá as reclamacións que xurdan e organizará o normal desenvolvemento das eleccións.
Lugo, 3 de novembro de 2008.
O director/Presidente da Xunta Electoral,
PO.
O xefe de estudos
Asdo. Manuel Casás Ruiz
NOTA: As persoas que queiran presentar a súa candidatura poden recoller o impreso correspondente na secretaría do colexio en horario de 09:00 a 14:00 horas
 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

O Entroido

Almorzos saudables e 'A Paz'

¿Quen está en liña?

Sindicación

Copyright © 2009 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional