Inicio arrow Novas arrow A "PAZ" na vida cotiá
A "PAZ" na vida cotiá PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mª Teresa   

Co gallo da celebración do día da Paz programouse, para os alumnos e as alumnas de 6º, un traballo de investigación acerca da violencia no noso entorno. Hoxe, 26 de xaneiro, fixémo-la posta en común dos datos recollidos e foi moi interesante a conclusión á que chegaron despois de observa-los comportamentos das persoas que os rodean e de escoitar ou ler algúns medios de comunicación.
Os comportamentos violentos percibíronos nas rúas, nos colexios, nos parques, nos centros comerciais, nas familias...Comentaron as situacións que viron eles durante a semana e causáronlles certa impresión. Entre elas destacaremos:
- Un neno, duns nove anos, que nun centro comercial lle pegaba á súa nai porque non lle quería comprar algo. A resposta da nai foi mercarllo.
- Un pai que, instigado pola nai, lle pegaba ó seu fillo dunha forma esaxerada sen, nin sequera informarse do problema.
- Nun centro comercial uns nenos pelexándose porque un deles dicía que o outro lle roubara o móbil no colexio.
- Violencia no patio do colexio, tanto entre nenos e nenas pequenos como maiores. A causa das pelexas é, a maior parte das veces, o non estar de acordo coas normas do xogo.
- Pelexas entre adultos por quere-la mesma praza do aparcadoiro.
- Unha señora que, ó roubarlle o bolso, cae e máncase. Aínda ten secuelas físicas e psicolóxicas.
- Pintadas de muros con lemas que incitan á violencia.

As conclusións ás que chegaron son:
- Que a violencia xera violencia.
- Que os nenos e as nenas perciben estes comportamentos como normais e cópianos.
- Que os nenos que reciben danos físicos poden repetir ese comportamento cos seus fillos ou fillas.
- A PAZ É UN DITO; NON UN FEITO.

“A Paz é un dito; non un feito” foi a frase coa que abriu un neno a súa intervención no coloquio. Ten moita miga ¿non si?
 
< Anterior   Seguinte >
Copyright © 2008 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional