Inicio
MATRÍCULA PARA O CURSO 2010/11 PDF Imprimir Correo-e
escrito por Miguel Castedo   

Ao longo de todo o mes de Marzo e primeiros días de Abril(dendo o día 1 de Marzo ata o 6 de Abril) estará aberto o prazo para a presentación de solicitude de prazas para o curso 2.010/11. Este proceso de matriculación estará rexido polas seguintes normas:

1.- Lexislación aplicable

A) Decreto 30/2007, do 15 de marzo polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na lei orgánica 2/2006 do3 de maio, de educación. (DOG 16/03/07)

B) Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 19/03/07) . corrección de erros (DOG 04/04/07).

2.- Calendario de actuacións.

DATAS
ACTUACIÓNS SEGUNDO A ORDE DO 17 DE MARZO DE 2007
01-15 Febreiro
*Cambio dun centro a outro ao que se está adscrito (alumnado de 6º). Presentación de solicitude(Anexo II) polos pais, nais ou titores legais no centro de adscrición (Artigo 7º.2)
*Envío ao centro ao que está adscrito da relación do alumnado susceptible de matricularse no mesmo para o vindeiro curso. (Artigo 7º.3)
*A non solicitude de reserva de praza polos pais implica a escolarización mediante o proceso de admisión, como se fose alumnado novo. (Artigo 8 e seguintes)
1 de Marzo
*Publicación no taboleiro de anuncios das vacantes dispoñibles para o curso 2008/09, así como dos demais aspectos que figuran no artigo 14.3 da devandita Orde.
*Reservar tres postos por unidade para que a Comisión de escolarización escolarice, se é o caso, alumnado con necesidade específica de apoio educativo (Artigo 15º.2 e artigo 39)
1 de Marzo
Sorteo público na Consellería para determinar a orde de preferencia nos caos de empate (Artigo 34º.3) As letras será "W" e "N"
01 de Marzo ao 6 de Abril
*Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II, acompañadas do DNI ou libro de familia (Artigo 8º)
*Cada solicitante presentará unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata 6 centros nos que solicita praza. (Artigo 8º)
*Se os pais optan por unha praza para alumnado con n.e.e. achegarán a documentación pertinente (Artigo 11º.1)
*Esta solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar. (Artigo 8º)
*Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada ou saída, segundo proceda.
*Envío a Comisión de Escolarización, no prazo máximo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa presentación no centro, xunto coa avaliación psicopedagóxica inicial realizada polo centro, das solicitudes para o alumnado con necesidade educativa específica de apoio educativo (Artigo 11º.2)
07-20 de Abril
*Se existe máis demanda que oferta, presentación no centro de documentación acreditativa dos criterios de admisión, xunto cunha copia do anexo II. Esta presentación ten carácter voluntario. A non presentación dalgúns deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente (Artigo 13º.1)
21 de Abril
*Se hai máis demanda que oferta, solicitude á Delegación de Educación para que verifique os datos relativos ao nivel de renda e ao domicilio fiscal (Artigo 21º.4)
21-30 de Abril
*Recepción no centro da Comisión de Escolarización das solicitudes con informe vinculante do alumnado con necesidade educativa específica de apoio educativo (Artigo 11º.4)
27 de Abril
*Decisión sobre a admisión do alumnado polo Consello Escolar (Artigos 39º.1 e 41º)
28 de Abril
*Publicación provisional de admitidos e non admitidos por curso (Artigo 35º.1)
28 de Abril ata o 4 de Maio
*Prazo de presentación de reclamación as listaxes provisionais. (Artigo 35º.2)
*As reclamacións resolveranse nun prazo de cinco días hábiles. (Artigo 35º.3)
Unha vez resoltas as reclamacións presentadas
*Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido (Artigo 36º)
*Contra esta publicación, cabe recurso de alzada ante o delegado provincial no prazo dun mes (Artigo 50º)
*Nun prazo de 48 horas á publicación das listaxes definitivas, envío a Comisión de Escolarización a seguinte documentación (Artigo 37º.1)
+Copia das listaxes definitivas de admitidos
+Número de postos non cubertos, detallados por cursos e niveis
+Listaxe do alumnado non admitido, xunto coa documentación presentada.
+De ser o caso, solicitudes de alumnado con n.e.e. que non resultasen admitidas na resolución definitiva e, tamén de ser o caso, as prazas vacantes reservadas a este alumnado (Artigo 39º.2)
20-30 de Xuño
*Formalización da matrícula do alumnado de educación infantil e primaria. (Artigo52º)
*Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.
*O centro de primaria deberá expedir un certificado no que conste a superación desa etapa educativo ao alumnado que vai cursar a ESO en centros distintos ao de adscrición.
*Unha vez finalizado a prazo de matrícula, comunicación á Comisión de escolarización do número de prazas vacantes especificando curso e nivel educativo (Artigo 53º).

 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 13 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional