Inicio arrow Taboleiro arrow INMERSIÓN LINGÜISTICA 2009
INMERSIÓN LINGÜISTICA 2009 PDF Imprimir Correo-e
escrito por M. Casás   

NOTA INFORMATIVA DO 26 DE MARZO

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días (do 27 ao 6 de abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias

axudasle
solicitudes de estadías para o programa de inmersión lingüística
Portal Educativo da Xunta de Galicia
Usuario/a: Sen identificar Entrar
Solicitude de axudas para alumnos e alumnas de niveis non universitarios para estadías no estranxeiro

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA VERÁN 2009
NOTA INFORMATIVA DO 26 DE MARZO
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días (do 27 ao 6 de abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Poderase presentar a documentación por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Para axilizar o procedemento, recoméndase o seu envío por correo, para o que será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal.
No caso de que falte documentación para engadir á solicitude xa remitida:
- Instancia para acompañar á documentación. Acceso.
- Anexos. Acceso.
- Anexo I - 5. validadas. Acceso
- Anexo II- 3. incorrectas. Acceso
(Incorrecta: falta de documentación. Poderase comprobar a documentación requirida na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle , opción “ver estado solicitude”). Prazo de presentación do 27 ao 6 de abril.
- Anexo III- 0.trámite. Acceso
(0.Trámite: por a) Non chegar á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a solicitude e documentación complementaria segundo o disposto no artigo 3.1 da Orde de convocatoria ou por b)Ter rexistradas varias solicitudes na aplicación informática, unha das cales atópase nun dos estados seguintes: 2-fóra de prazo, 3- incorrecta, 9-descartada).
- Anexo IV- 2.fóra de prazo. Acceso
- Anexo V- 9.descartadas. Acceso
(Descartada: por a) Ter desfrutado dunha axuda para actividades de inmersión lingüística no verán de 2008 ou por b) Ter, no curso 2007-2008, unha avaliación negativa na área da lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía ou por c) Non estar cursando ensinanzas de réxime xeral). Poderase comprobar a circunstancia en particular na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle , opción “ver estado solicitude".
- Anexo VI- excluídas. Acceso
(excluídas: por non cumprir os requisitos de rexistro na aplicación en liña)
NOTA INFORMATIVA DO 11 DE FEBREIRO
  1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, comeza o proceso de comprobación das mesmas.
  2. As solicitudes en estado "0-en trámite" están pendentes de ser revisadas.
  3. Comunicarase, rematado o proceso de revisión, aos centros educativos e aos solicitantes (estes últimos, a través dunha mensaxe SMS) a publicación da relación de solicitudes que teñan a documentación correcta, incorrecta e excluídas.
No caso de que falte documentación para engadir á solicitude xa remitida:
- Instancia para acompañar á documentación. Acceso
- Anexos. Acceso
AMPLÍASE O PRAZO ATA O 10 DE FEBREIRO
Ante a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día luns 9 de febreiro.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen nesta táboa e que non gozase dunha bolsa de inmersión 2008.
Nota: As familias deberán aboar só a cantidade correspondente á columna "achega familias" .

Curso
Nº prazas
Distribución
Lugares e duración
Réxime aloxamento
Custo total ata
Achega familias
2º bach
250
200 inglés
50 francés
Canadá
-tres semanas-
Familias
2.250 €
300 €
1º bach
250
200 inglés
50 francés
Canadá
-tres semanas-
Familias
2.250 €
300 €
4º ESO
750
650 inglés
100 francés
Reino Unido
Irlanda
Francia
-tres semanas-
Familias ou residencias
1.890 €
150 €
3º ESO
700
600 inglés
100 francés
Reino Unido
Irlanda
Francia
-tres semanas-
Familias ou residencias
1.890 €
150 €
2º ESO
400
300 inglés
100 francés
Reino Unido
Irlanda
Francia
-tres semanas-
Familias ou residencias
1.860 €
150 €
1º ESO
200
200 inglés
Distintos puntos de España
-dúas semanas-
Campamentos ou residencias
1.000 €
100 €
6º E.P.
100
100 inglés
Comunidade Autónoma
-dúas semanas-
Campamentos ou residencias
800 €
75 €

CONSULTAS
Enderezo electrónico: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver
Atención telefónica: 981 95 75 37 - 981 95 72 96 - 981 54 02 87
Consulta periodicamente a información en http://www.edu.xunta.es/axudasle
 
< Anterior   Seguinte >
Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional