| AVISO ALUMNOS QUE SOLICITARON PRAZA PARA O CURSO 2009/10 |
|
|
|
| escrito por M. Casás | |
|
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes comunícase a todos/as aqueles/as pais/nais ou tiotres/as que solicitaron praza para os/as seus/súas fillos/as neste centro de cara ao curso 2009/10 o seguinte: ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS E 2º e 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Como se presentaron menos solicitudes que prazas se ofertaran non é preciso que entreguen ningunha documentación complementaria. ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL 4 E 5 ANOS: Os solicitantes de praza para estes niveis deben presentar a documentación que acredite todos os méritos alegados na solicitude. A relación provisional de admitidos publicarase o día 29 de Abril Os alumnos que resulten admitidos deben confirmar a matrícula do 20 ao 30 de Xuño. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|