|
Literatura popular galega |
|
|
|
|
escrito por Mª Teresa
|
|
Enténdese por literatura popular o conxunto de temas, formas e xéneros literarios usados e transmitidos de forma oral polo pobo.
En Galicia esta literatura ten unha gran importancia non só pola súa abundancia senón tamén por conservar viva a nosa lingua e un variado repertorio de pezas de grande interese histórico, etnolóxico e artístico. Todo este enorme conxunto de pezas literarias chegou ata nós grazas á cadea de voces dos nosos devanceiros que as foron transmitindo de boca en boca ata os nosos días.
¿Que vos parece se pasamos a formar parte desa cadea de voces? Será moi divertido. Só temos que falar cos nosos “maiores”e pedirlles que nos conten algunhas das lendas, contos, cantigas, refráns,... que de nenos escoitaron ós seus pais, nais, avós...
Comezarei cunhas cantigas recollidas, fai anos durante o Entroido, por nenos e nenas do concello de Samos.
O martes de carnaval
vamos todos polas casas,
todos xuntiños e ledos
tocando as nosas gaitas.
O martes de carnaval
Saen os cans de Montán
¡ai! ladrando coma tolos
por lles ¡ai! aturuxar.
Disfrazámonos de máscaras
o martes de carnaval
¡ai! e fomos ó palacio
para podelos espiar.
Animádevos a encher este “Recuncho” con lendas, refráns, adiviñas, contos...
Ata pronto |