| CHARLA COLOQUIO |
|
|
|
| escrito por M. Casás | |
|
Dentro dos actos da XVI Semana Cultural que se celebrará neste colexio desde o 11 ao 15 de Maio de 2009, e continuando co programa de charlas para pais programado polo departamento de orientación do centro, está previsto que o próximo día 12 de Maio (martes) ás 20:00 a psicóloga Dona Cristina Casal desenvolva unha conferencia coloquio dirixida a todos os pais de alumnos. A conferencia terá como título "Como prever a tiranía dos fillos" e nela abordará temas relacionados coa conduta dos nenos (como prever ou correxir algún tipo de conduta). Dada a importancia que este tema ten na educación dos nenos aconsellamos a todos os pais a asistencia. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|