Inicio arrow Taboleiro arrow CHARLA COLOQUIO
CHARLA COLOQUIO PDF Imprimir Correo-e
escrito por M. Casás   

Dentro dos actos da XVI Semana Cultural que se celebrará neste colexio desde o 11 ao 15 de Maio de 2009, e continuando co programa de charlas para pais programado polo departamento de orientación do centro, está previsto que o próximo día 12 de Maio (martes) ás 20:00 a psicóloga Dona Cristina Casal desenvolva unha conferencia coloquio dirixida a todos os pais de alumnos.

A conferencia terá como título "Como prever a tiranía dos fillos" e nela abordará temas relacionados coa conduta dos nenos (como prever ou correxir algún tipo de conduta).

Dada a importancia que este tema ten na educación dos nenos aconsellamos a todos os pais a asistencia.

 
< Anterior   Seguinte >
Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional