| ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR CURSO 2010/11 |
|
|
|
| escrito por Victoria | |
|
Vén de finalizar no noso centro o proceso de renovación de representantes no Consello Escolar realizado ao abeiro da Resolución do 6 de setembro de 2010
O pasado 30 de novembro rematou o proceso electoral levado a cabo no noso centro para renovar os representantes dos pais/nais e do profesorado no Consello Escolar. Presentáronse catro candidaturas dende o sector de pais/nais para cubrir tres vacantes e cinco dende o sector de profesorado para cubrir dúas vacantes . A xornada de votacións desenvolveuse con normalidade o día 25 de novembro, cunha participación do 5,3% dos pais e nais e dun 85% do profesorado. Resultaron electos os seguintes candidatos: Como representantes dos pais/nais: D. Anxo García Bello, D. Manuel Vilariño Freire e Dona Clara Arias González. Como representantes do profesorado: Dona Elena Fernández Rodríguez e Dona Mª Benita Rico Fernández. A Xunta Electoral solicitou ao Concello a designación dun representante municipal no Consello Escolar, decidindo éste a continuidade de Dona Dolores Vieiro Núñez. O novo Consello Escolar constituíuse o pasado día 2 de decembro, concluíndo así o proceso. A todos os novos membros, parabéns e á comunidade educativa en xeral o noso agradecemento pola participación.
|
| < Anterior | Seguinte > |
|---|