| CONCURSO DE NADAL 2010 |
|
|
|
| escrito por Victoria | |
|
Política Lingüística promove un concurso de presentacións electrónicas para felicitar o Nadal en galego As presentacións (en formato .ppt, .pptx ou .odp) deben estar escritas en lingua galega e facer referencia a un tema vinculado co Nadal (para felicitar Aninovo, Día de Reis, festas de Nadal en xeral etc.). As bases do concurso poden consultarse no web de Política Lingüística, a través do enderezo electrónico www.xunta.es/linguagalega/concurso_de_nadal_2010. O prazo remata o 20 de decembro. Os traballos seleccionados formarán parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega) Outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego (libros, cómics e cds e dvds) para cada un dos gañadores ou gañadoras. Non se entregará máis dun premio por participante. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|