| NACE TRISCOS |
|
|
|
| escrito por Victoria Esteban | |
|
Esta semana presentouse ante a comunidade educativa a nova Asociación de Nais e Pais de Alumnos. O profesorado agradece a iniciativa e dálles a benvida. Animamos a todos os pais e nais a formar parte desta asociación, pódese visitar a súa web na ligazón seguinte: www.anpaceipluispimentel.org/
Decidiron chamarse TRISCOS en lembranza do poeta lucense que dá nome ao noso colexio: “Triscos” é o primeiro libro de poemas de Luis Pimentel que foi publicado en 1950. O equipo directivo, en nome do profesorado do centro, queremos darlle a benvida a esta nova ANPA, agradecer o seu entusiasmo e corresponderlles coa mesma vontade de colaboración que nos transmiten. É o noso desexo manter una relación fluída nun clima de comunicación e cordialidade, dende a convicción de que o esforzo conxunto de escola e familia é fundamental no proceso formativo dos nenos e nenas. Este constitúe o noso último obxectivo, o de todos. Parabéns. |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|