Inicio
O raposo e a pega PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mª Teresa   
Había unha vez un raposo que sempre ía ó galiñeiro come-las galiñas. Elas, chorosas e fartas, contáronlle-las súas penas ás súas compañeiras, as pegas.

Estas, fartas de que mataran as súas amigas, pensaron nun plan para asustar ó raposo. Cando xa o tiñan pensado contáronllelo ás galiñas.

Ó día seguinte, cando o raposo ía comelas, encontrouse cunha pega que lle dixo:
- Chegou ós meus oídos que tes fame e vas come-las galiñas. Eu coñezo o Ceo e alí hai unha voda na que serven galiñas ¿Se queres pódote levar?
O raposo xa tiña a boca feita auga. Así que lle dixo que si quería ir. Nese momento colleuno. O raposo non as tiña todas consigo e, tremendo de medo ó verse a tanta altura, díxolle á pega:
- Non se che ocorra abri-la boca.
- Non teñas medo, contestou a pega.
O raposo comezou a caer e mentres caía dicía:
- Si de esta salgo y no muero, no quiero más bodas al cielo.



( Conto que lle contaba o avó á nai de Alejandra Castrelo Romay de 6ºB)

 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 6 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional