Inicio
O tarro de vidro e o café PDF Imprimir Correo-e
escrito por Elena   
CANDO AS COUSAS NA VIDA TE SUPEREN, CANDO 24 HORAS Ó DÍA NON SON SUFICIENTES, LEMBRA O TARRO DE VIDRO E O CAFÉ.

Un profesor, diante dos seus alumnos da clase de Filosofía, sen dicir nin unha palabra, colleu on tarro grande de vidro e procedeu a enchelos con pelotas de golf.

Despois preguntou ós estudiantes se o bote estaba cheo. Todos estiveron dacordo en dicir que si.

O profesor colleu unha caixa chea de perdigóns e vaciounos dentro do tarro. Estos encheron os espacios vacíos que quedaban entre as pelotas de golf.

O profesor volveu preguntar de novo ós estudiantes se o tarro estaba cheo, e eles volveron contestar que si.

Despois o profesor colleu unha caixa de area e vaciouna dentro do tarro. Por suposto, a area encheu tódolos espacios vacíos e o profesor volveu preguntar de novo se o tarro estaba cheo.

Nesta ocasión os estudianes respondéronlle cun si unánime.

O profesor, rapidamente engadiu dúas tazas de café ó contido do tarro e efectivamente, encheu tódolos espacios vacíos entre a area. Os estudiantes rían. Cando o riso foi apagando, o profesor dixo:

"Quero que vos fixedes que este tarro representa a vida. As pelotas de golf son as cousas importantes, como a familia, os fillos, a saude, os amigos, o amor, cousas que te apasionan. Son cousas que , aínda que perderamos o resto e nada máis nos quedasen estas, as nosas vidas aínda estarían cheas.

Os perdigóns son as outras cousas que nos importan, coma o traballo, a casa, o coche, ...

A area é o resto das pequenas cousas.

Se puxeramos primeiro a area no tarro, non habería espacio para os perdigóns, nin para as pelotas de golf.

O mesmo sucede coa vida.

Se utilizaramos todo o noso tempo e enerxía nas cousas pequenas, non teriamos nunca sitio para as cousas realmente importantes.

Prestade atención ás cousas que son cruciais para a vosa felicidade. Xogades cos vosos fillos, concedédevos tempo para ir ó medico, ide coas vosas parellas cear, practicade o voso deporte ou aficción favorita.....

Sempre haberá tempo para limpar a casa, para arranxar a billa da auga, ...

Ocupádevos primeiro das pelotas de golf, das cousas que realmente vos importan. Establecede as vosas prioridades, o resto só é area".

Un dos estudiantes levantou a man e preguntoulle que representaba o café.

O profesor sorriu e díxolle: "Encántame que me fagas esa pregunta!.

O café é para demostrar que aínda que a túa vida che pareza chea, sempre hai lugar para dúas tazas de café cun amigo".

Non hai imaxe ningunhaSaudiños

 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 23 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2010 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional