Inicio
Os honorarios PDF Imprimir Correo-e
escrito por meiga   
Algunhas veces é un erro xuzgar o valor dunha actividade simplemente polo tempo que leva realizala.
Un bo exemplo é o caso do inxenieiro que foi chamado a arranxar un ordenador moi grande e extremadamente complexo..., un ordenador que valía 12 millóns de euros.
Sentado fronte á pantalla, premeu unhas cantas teclas, asintiu coa cabeza, murmurou algo para si mesmo e apagou o aparato.
Procedeu a sacar un pequeno desparafusador do peto e deu volta e media a un minúsculo parafuso. Entón acendeu de novo o ordenador e comprobou que estaba traballando perfectamente.
O presidende da compañía mostrouse encantado e ofreceuse a pagar a conta no acto.
-¿Canto lle debo?- preguntou.
-Son mil euros, se me fai o favor.
-¿Mil euros? ¿Mil euros por uns momentos de traballo? ¿Mil euros por apretar un simple parafuso? ¡Xa sei que o meu ordenador costa 12 millóns de euros, pero mil euros é unha cantidade disparatada! Pagareille só se me manda unha factura perfectamente detallada que a xustifique.
O inxenieiro asintiu coa cabeza e foise. Á mañá seguinte, o presidente recibiu a factura, leuna con coidado, sacudiu a cabeza e procedeu a pagala no acto, sen chistar. A factura dicía:
Servicios prestados:
Apretar un parafuso............................. 1 euro
Saber que parafuso apretar............ 999 euros
TOTAL............................................1000 EUROS.
LEMBRA:
"GÁNASE POLO QUE SE SABE, NO POR LO QUE SE FAI"
Non hai imaxe ningunhaSaudiño
 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 21 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional