|
O Entroido na época dos meus avós e avoas. |
|
|
|
|
escrito por Mª Teresa
|
|
Antigamente, na aldea dos meus avós o Entroido era moi divertido e estaba cheo de ledicia.
Durante eses días tódolos veciños do pobo xuntábanse nas casas e comían e bebían ata fartar; cantaban, bailaban, xogaban ás cartas, ó escondite nas cortes dos animais e a tinguirse uns ós outros. Tamén ían de casa en casa, os homes disfrazados de mulleres e as mulleres de homes, pedindo comida e lambetadas.
Naquela época facíanse moitas bromas uns ós outros coma esconderlle ós veciños a carne que tiñan nas artesas, facer bonecos de palla e trapo que logo colgaban nas casa dos veciños...Pola noite, os “pillos”, que eran os que facían as trasnadas, colocaban os carros dos animais diante das portas para que ninguén puidese entrar nas casa cando volvían da troula.
Por iso, sentían moita pena cando remataba o Entroido.
(Rubén López – 6ºB)
Cando a miña avoa era pequena a maneira que tiñan de celebra-lo Entroido en Gaioso ( Outeiro de Rei) era a seguinte:
Os pequenos disfrazábanse con roupas vellas e ían ás casas dos veciños para ver se os coñecían. Se os descubrían disfrazábanse con roupas vellas dese veciño para ir á súa propia casa e ver se os seus pais os recoñecían.
(Brais López- 6ºB)
|