Inicio arrow Novas arrow Características do colexio
Características do colexio PDF Imprimir Correo-e
escrito por M. Casás   
DATOS XERAIS
NOME DO CENTRO: CEIP “Luís Pimentel”
SITUACIÓN: A Piringalla - LUGO
ENDEREZO: Rúa Santo Graal s/n – LUGO
CÓDIGO POSTAL: 27003
TELÉFONO/FAX: 982 - 21 24 69
CÓDIGO DO CENTRO: 27.014.665

 

SITUACIÓN XURÍDICA

TIPO DE CENTRO.......…Colexio de educación infantil e primaria

CREACIÓN......................Orde Ministerial 14/09/79 (BOE)

TITULARIDADE..............C.E.O.U. da Xunta de Galicia

ADSCRIPCIÓN A E.S .....I.E.S. Anxel Fole

 

ensinanzas que se imparten
ETAPAS
CICLO
Nº UNIDADES
Educación Infantil
Segundo
9
Educación Primaria
Primeiro
6
Segundo
6
Terceiro
6
P.T.
1
A.L.
1
TOTAL
29

 

CARACTERÍSTICAS IDEOLÓXICAS
MARCO XERAL
O noso centro inclúese dentro do modelo de “Escola Pública” que deber ser:
  • Unha escola que parta do coñecemento do medio físico e social, no que está inserta para analizalo criticamente co fin de promover os cambios que contribúan a melloralo.
  • Unha escola para todos/as, solidaria e integradora, que non estableza diferenzas por razón de sexo, raza, relixión, posición social, etc., e que busque máxima integración de todos/as na sociedade.
  • Unha escola que acepte as diferenzas de caracter xenético ou social e sexa capaz de compensalas, dando máis aos/ás que menos teñen para facer posible a igualdade de oportunidades.
  • Unha escola participativa, democrática e pluralista, para que todos/as poidan intervir na consolidación dun proxecto educativo mediante o diálogo permanente.
  • Una escola crítica e comprometida na defensa dos máis débiles, rexeitando a inxustiza, as desigualdades, a fame, a guerra, o deterioro do medio ambiente, etc. e que fomente a amizade, o respecto, a solidariedade, a paz, ...
  • Una escola activa, creativa e investigadora que se fundamente na observación, na experimentación e na sistematización das experiencias dos/as nenos/as dentro e fóra do ámbito escolar superando o ensino memorístico e repetitivo.
  • Unha escola que fomente o traballo en equipo, que favoreza a ensinanza entre iguais, e a globalización fronte a especialización.
Partindo deste marco xeral, o noso centro identifícase polos seguintes signos de identidade.
SIGNOS DE IDENTIDADE
  • O centro non ten caracter confesional, a educación que se imparte está baseada na tolerancia e no respecto a todo tipo de crenza ou opinión.
  • O dominio das habilidades instrumentais básicas: A comprensión, a expresión e o cálculo matemático deberán ser o centro do noso traballo de instrución, xa que consideramos que estas habilidades son os fundamentos para aprendizaxes posteriores.
  • As linguas de aprendizaxe. Partindo da realidade sociolingüística que nos di que o alumnado do centro está inserto nunha comunidade bilingüe e que maioritariamente escoitan falar en galego, tentarase empregar na aprendizaxe da lecto-escritura ámbolos dous idiomas, asemade tentarase que sexan empregados tanto na expresión oral coma escrita. En todo caso, tenderase a que ao remate da escolaridade o alumnado teña un correcto dominio oral e escrito das dúas linguas.
  • A aprendizaxe fóra das aulas: Pensamos que os/as alumnos/as deben aprender en contacto coa realidade polo que potenciaremos
a) As saídas as rúas, centros de traballo, fábricas, museos, exposicións, monumentos e cantos lugares e actos sexan positivos para a formación do alumnado.
b) A participación en actividades festivas, lúdicas, recreativas e culturais.
  • A liña metodolóxica: Tentarase levar unha liña metodolóxica que busque un equilibrioentre:
Comprensión , memoria e actividade investigadora
Neste sentido farase fincapé na actividade do/a alumno/a, na observación, na experimentación e na sistematización desas experiencias, na alternancia entre traballo individual e en equipo, e na globalización, establecendo un grao crecente de dificultade a través dunha ensinanza en espiral que facilite unha aprendizaxe útil e duradeira.

 

 

  • Desenvolvemento dunha conciencia social. Cremos quetodo proceso educativo debe pretender como obxectivo a propia identidade. Identidade como membros dunha comunidade que coñece e valora as súas raíces, na que os seres humanos deben ser iguais e solidarios, sen distinción de razas, crenzas ou ideoloxías. Para que da análise desa realidade xurda no alumnado unha actitude de respecto polo medio e polas persoas, e un compromiso na defensa dos/as desfavorecidos dos/as desfavorecidos/as, dos/as pobres, dos/as marxinados/as, dos/as menos dotados/as, do medio ambiente, etc.
O centro fomentará nas relacións entre tódolos seus membros:
* A defensa dos dereitos humanos
* O compromiso na defensa da paz
* Valores tales como: Tolerancia
Solidariedade
Comprensión
Responsabilidade
Respecto e defensa do medio natural.
...
  • Coeducación: Cremos, tamén, que o proceso educativo debe pretender a identidade respecto do propio sexo con absoluto respecto ao sexo oposto pois concibimos unha sociedade na que homes e mulleres teñan os mesmos dereitos, obrigas e posibilidades e nunha escola onde a realidade da non discriminación se converta nunha experiencia de vida.
O colexio traballará na eliminación da discriminación contra da muller e practicará unha educación que elimine as desigualdades por razón de sexo e conduza cara ao respecto pola propia persoa e pola do outro.
Este principio terase en conta á hora de programar xogos dirixidos, actividades na aula, elaboración de materiais, elección de textos, ...
  • Modalidade de xestión escolar: No funcionamento interno do centro buscarase a forma de que toda a comunidade educativa se sinta implicada na toma de decisións. A este principio responderá a estrutura organizativa que se deseñe.
  • INSTALACIÓNS

    A) EDIFICIOS

    A.1. Edificio principal

    Ademais das aulas ordinarias para o alumnado do 2º e 3º ciclo de EP están ubicadas nel outras dependencias tales como:

    • Aulas específicas para idiomas
    • Aula de música
    • Aula de informática
    • Laboratorio de C.N.
    • Ximnasio
    • Administración

    A.2. Edificio auxiliar nº1

    Nel atópanse as aulas ordinarias para o alumnado do 1º ciclo de EP e para os de EI de 5 e 4 anos ademais de:

    • Aula específica para idioma
    • Aula de psicomotricidade
    • Aula de audición e linguaxe
    • Aula de pedagoxía terapética
    • Ximnasio

    A.3. Edificio auxiliar nº 2

    Nel atópanse os espacios para os alumnos de EI de 3 anos

    B) INSTALACIÓNS EXTERIORES

    • 3 Pistas polideportivas (unda delas cuberta)
    • Patio de xogos infantís para o alumnado deste nivel

HORARIO DO COLEXIO

  • Setembro a Xuño: 9:00 a 14:00

 

  • Actividades extraescolares: 16:00 a 18:00 de acordo co calendario que se establece o incio do curso.

 

  • Horario de titorias: Martes de 17:00 a 18.00

 
< Anterior   Seguinte >
Copyright © 2010 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional