Inicio
E Mozart soou... PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mª Xose   
mt_gallery.Mozart... No Salón Rexio do Circulo das Artes de Lugo no acto de clausura da exposición sobre Mozart. Os colexios Virxe da Soidade, Paradai, Luis Pimentel, a Escola de Música de Fingoi e os Conservatorios de Danza e Música mostraron o seu bo facer.

Houbo variedade e orixinalidade na presentación pois foi un mago o encargado de introducir as actuacións, ainda que a maxia puxérona os nenos e nenas co seu bo facer: teatro, baile, música, poesía... todo tivo o seu espazo.

Foi un espectáculo didáctico e interactivo. Didáctico porque nos ensinou moito sobre Mozart e a súa obra e sobre algúns instrumentos e o seu funcionamento e interactivo porque non só fomos a ver senon que tamén participamos.

O noso centro puxo o seu gran de area contando coa axuda dun libro moi especial, un libro de grandes dimensións, decorado con flores naturais e que partindo das letras W. A. MOZART que encabezaban as páxinas ía contandonos detalles da súa vida, pero a maxia estaba ó pasar as follas pois soaba... A Marcha Turca, Canción de Cuna, Sonatina, A Frauta Máxica, Serenata Nocturna... e tamén A Saia da Carolina e a Muiñeira de Lugo, a nosa música foi un agasallo a Mozart alá onde estea como dicía o final do libro "...o cambio da súa música ó ceo chegue esta muiñeiriña".

Para preparar esta actividade os nenos e nenas tiveron que perder horas de lecer pero fixérono con gusto e o resultado foi bo. Todos e todas quedamos satisfeitos e con ganas de repetir.

 
< Anterior

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 10 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional