Inicio
Os maios PDF Imprimir Correo-e
escrito por Mª Xose   
Dende moi antigo o home celebrou dalgún xeito a chegada da primavera. Nós queremos recuperar e seguir esa tradición.

Hai distintas teorías entre os antropólogos. Risco e Cuevillas defenden a súa procedencia celta, outros queren levar a súa procedencia ás festas gregas e romanas... O que é indiscutible é a celebración do espertar da natureza, a proteción dos vexetais e animais, o renacer dunha nova vida, dun novo ciclo.

En Galicia tiveron moita importancia e mesmo na nosa cidade ata os anos 20 do pasado século se cantaban os maios cada domingo. Hoxe hai información sobre os maios na nosa Galicia, os que estean interesados poden ir ó libro de Coldio González Pérez "A festa dos maios en Galicia".

No colexio coa colaboración de todos e todas, profes e alumnos enchemos o patio de fiuncho, xestas e flores para facer os maios: cónicos, humanos ou figurado ( a Muralla) que foron o centro ó redor do que cantamos maios de Mondoñedo, de Carnota e por suposto non puido faltar o criticón que coas coplas dos nenos e nenas de 5º e 6º expuxeron a súas inquedanzas e desexos. Coma sempre teñen moito que dicir e ben dito.

maios07

Como era imposible cantar todas as coplas polo numerosas, vaia coma exemplo esta escolla:

MAIO DA PIRINGALLA

A toda a Piringalla dicimos con atención

vide escoitar este maio que fixemos para vos.

O maio este ano vai ser criticón

a educación vai mal, a política peor.

Cada vez máis edificios destruen as zonas verdes

e nos coma cidadáns seguimos coma inocentes.

A nosa cidade medra sen control

Lugo non vai mal que vai moito peor.

Levantan as nosas rúas, buratos por todos lados

parece que esto é a Lua, Saturno, Marte ou Urano.

Quitan a Medusa para unha rotonda

será que os concelleiros queren xogar á roda.

As excursións son escasas, nos queremos moitas máis

a Madrid, Toledo, Cuenca, Albacete ou Ciudad Real.

Mentres fomos nenos todo era xogar

ó pasar ó instituto hémonos enterar.

Os xogos da Piringalla hemos gañar 6º C pois

levamos moito tempo perdendo e sen querer.

Os nenos de 5º e 6º estamos moi cansos

pois os profes nos mandan moitisimos traballos.

Os campos van despertando chegou o maio florido

o tempo vai mellorando o frío vai esquecido.

e os de 5º e 6º vimos de cantar

un maio figurado para criticar.

Despois de cantar os maios quedamos xa pensando nos maios do vindeiro ano no que como a primavera, nós tamén volveremos.

 

 
< Anterior   Seguinte >

Formulario de acceso






Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí

Nadal

Almorzos saudables

¿Quen está en liña?

Hai 13 convidados en liña

Sindicación

Copyright © 2012 CEIP Luis Pimentel.  Joomla! é Software Libre distribuido baixo licencia GNU/GPL. Our site is valid CSS Our site is valid XHTML 1.0 Transitional